Galicia ten moita tradición de tecidos

Galicia ten moita tradición de tecidos
05 de Febreiro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O obradoiro do traxe tradicional “O Sarillo”comezou en xuño de 2020, en plena pandemia. Pero el leva quince ou vinte anos estudando na confección do traxe tradicional. “Traballo na preparación da tea, elaboración do tecido, liño, picote, candil cun tear tradicional recuperado dunha vivenda que levaba cincuenta anos abandonada en Muras. Unha vez preparadas confecciono o vestiario” indica Yerai Paz, quen tamén salienta a enorme tradición de tecidos que tiña Galicia ata 1870, antes da chegada da fabricación industrial. 

ESCOITA O PODCAST:

Yerai explica o seu traballo de recuperación do traxe tradicional galego

http://173.255.131.18/audio/040222PAZ.mp3

Fotografía Xan Xe Corral

Fotografía: Xan Xe Corral

“Intento utilizar os mesmos tecidos que naquela época, elaboro o candil, con lás artesás que semellan estar feitos a man” apunta. Na Feira de Artesanía tentarei levar o material para que o poida ver na man, para que a xente poida tocar e contrastar a calidade do produto. En Galicia hai moita cultura de tecido, conclúe o artesán que tamén amosa o seu labor en www.osarillo.com . Feira de Artesanía de Fene. Domingo, 5 de febreiro de 2022. De 10 da mañá a oito da tarde no paseo marítimo de San Valentín (Fene)

Sociedade

Publica o teu comentario agora