ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As tecnoloxías ao servizo da Cultura no Galiverso dos Museos. Unha montaxe interactiva, a quinta do proxecto, que pode visitarse na Cidade da Cultura e permite mergullarse de maneira virtual nos once centros da Rede de Museos de Galicia, como nos explicou Iago Varela no espazo Cultura Tecno, en Radio Fene.
A escultura do Cabaleiro de Beade, achados descubertos no Castro de Viladonga, o Astrolabio máis antigo atopado costas galegas… son algunhas das vintesete pezas que se poden apreciar nesta mostra de realidade virtual. “Co uso da realidade virtual facilitase gozar destes espazos de maneira accesible e respectuosa coa súa conservación”, sinalou Iago. Pódense poñer ao alcance de calquera e achegalos a pequenas vilas ou a centros educativos. Tocar as pezas sen risco de danalas, atopalas tal como as deixou o anterior visitante son posibilidades que ofrece o Galiverso dos Museos, “a ultima das montaxes dun proxecto expositivo que emprega as tecnoloxías inmersivas e de realidade virtual”.
Publica o teu comentario agora