Galiza Sempre outorga unha mención ao Proxecto de Rehabilitación de Santa Mariña de Augas Santas

Galiza Sempre outorga unha mención ao Proxecto de Rehabilitación de Santa Mariña de Augas Santas

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O premio de arquitectura Rodríguez Peña que se entregou onte en Santiago de Compostela outorgado pola Fundación Galiza Sempre concedeu unha mención dotada de 1.500€ a Marta Somoza Medina, arquitecta alaricana, e o aparellador Celestino Feijóo, responsables da obra “Pavimentación e mellora dos espazos libres no núcl

Marta Somoza expresaba a súa alegría sinalando que o “máis importante é o recoñecemento deste traballo con este premio e cunha publicación que fará que o proxecto sexa coñecido”.

Proxecto de Santa Mariña de Augas Santas

O Concello de Allariz comezaba no ano 2006 a posta en marcha do PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN E MELLORA DOS ESPACIOS LIBRES NO NÚCLEO SANTA MARIÑA DE AUGAS SANTAS, un proxecto que pretendía poñer en valor este núcleo poboación seguindo o modelo de recuperación levado a cabo no Casco Histórico de Allariz.

A mellora e recuperación do patrimonio existente, a mellora das infraestruturas correspondentes ás redes de saneamento,abastecemento, baixa tensión, telecomunicacións e alumeado público e mesmo pavimentación, xunto coa dinamización económica do lugar coa Escola de Cestería como exemplo, son obxectivos deste proxecto materializados na actualidade e premiados cunha mención no Premio de arquitectura Rodríguez Peña.

Institucional