Gallaecia pop no Desafío Galego

Gallaecia pop no Desafío Galego
12 de Abril, 2023 - 07:48 h. | Publicada por Radio Fene

Ata o venres 21 de abril desenvolvese unha nova edición do Desafío galego. O curso pasado tivo unha grande acollida tanto no alumnado como no profesorado esta iniciativa promovida polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Concepción Arenal de Ferrol. Por iso decidiron realizala en 2023.

Pulseiras Desafío Galego

Nesta edición apuntáronse 274 alumnos e alumnas de bacharelato e ciclos. Durante dez días o estudantado comprométese ao uso da lingua galega entre as persoas participantes e a galeguizar as redes sociais. Ademais son propostos uns obxectivos concretos para estenderen o idioma propio de Galicia a todos os ámbitos (escolar, familiar, virtual...). Para esta edición contan como padriño co youtuber Mario Brión, máis coñecido como "Olaxonmario". O mércores 12 ás 11.20h no salón de actos realizarase un obradoiro sobre creación cultural e dixital contemporánea en galego denominado "Gallaecia Pop". O Desafío galego concluirá o venres 21 de abril cunha xornada de convivencia nas Fragas do Eume onde se visitará o mosteiro de Caaveiro, un lugar privilexiado para comprendermos o vencello intrínseco entre a diversidade biolóxica e lingüística.

Cultura

Publica o teu comentario agora