ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tamén abordamos con el o deterioro do paso elevado na vía do tren en Perlío e dos sete anos que leva bloqueado o convenio con ADIF para soterralo
O voceiro do grupo municipal socialista de Fene, Antón Noceda, abstívose na aprobación dos orzamentos de 2018 porque cré que neste mandato tocaba aumentar a partida económica para que non haxa en Fene persoas en risco de exclusión social. Para Noceda a vivenda, alimentación, ensino ou medicamentos deben estar garantidos. Tamén abordamos con el o deterioro do paso elevado na vía do tren en Perlío e dos sete anos que leva bloqueado o convenio con ADIF para soterralo. Noceda amósase preocupado aínda polo retroceso experimentado na xestión dos resíduos en Fene, un concello que tiña avanzado moito na mentalidade medioambiental. Con el falamos deste e doutros asuntos no espacio As Foxas onde repasamos cada semana, cos voceiros dos diferentes grupos políticos con representación na corporación fenesa, a actualidade municipal.
Publica o teu comentario agora