Gardacostas comisa en Tui marisco valorado en 19.000 euros

Gardacostas comisa en Tui marisco valorado en 19.000 euros

28 de Decembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar e da Policía Autonómica requisaron máis de 1.600 quilos de marisco nun operativo de control da comercialización realizado hoxe no quilómetro 31 da estrada A-55, á altura de Tui (Pontevedra). A actuación desenvolveuse ao longo desta mañá e durante ela os axentes inspeccionaron 24 camións e a un deles requisáronlle 1.464 quilos de ameix

Este operativo enmárcase nos traballos de control de comercialización e transporte nos portos e estradas de Galicia e súmase aos de control da baixamar nas praias na loita contra o furtivismo que desenvolve a Xunta e as forzas e corpos de seguridade do Estado e de Galicia.
A Consellería do Mar lembra á cidadanía que o consumo de marisco extraído e comercializado de xeito ilegal pode supor un risco para a saúde ao non ter pasado ningún tipo de control que o avale. Por iso pide ao consumidor que non compre produto fóra das vías legais de comercialización. 
Sociedade