ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Música, gastronomía e cultura integran o programa das festas da Parrocheira” asegura o presidente da comisión de festas Emilio Romero. As festas da Parrocheira chegan a Ferrol vello a vindeira semana. O programa estendese entre o venres oito e o domingo dez de setembro. O capitán do Racing Alex López pronunciará o pregón das festas o venres ás sete e media da tarde. Ese dia actuarán a rondalla Só Elas e Nuevo Plan.
O sábado comezará o encontro de embarcacións tradicionais, Cabuxa Blues encargarase das pezas do mediodía e haberá unha comida popular de exaltación da vieira da ria, parrochas e arroz mariñeiro. Homínidos Trío e Mártires del Rock and Roll actuarán o sábado pola noite. Eva e Camiño encargaranse da sesión vermú do domingo animando a concentración dos siareiros do Racing. Nesa xornada haberá xantar con marmitako de bonito ao prezo de 12 euros o prato . Señor X e Sacha na Horta encárganse da verbena na noite do domingo. Festas da Parrocheira, entre o venres oito e o domingo dez de decembro.
Fotografía Xan Xe
Festas da Parrocheira 2022
Publica o teu comentario agora