ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A gastronomía únese ao programa deportivo do Spinnaker 2009. A iniciativa promovida pola Asociación Veciñal de Covas, celebraráse entre este mércores 5 e o sábado 8 de agosto no peirao de Curuxeiras en Ferrol.
As degustacións gratuitas de produtos autóctonos da man dos establecementos integrados na “Ruta do pincho de Covas”, serán as protagonistas desas xornadas. A cooperativa do Val e maila confrariía de Pescadores de Ferrol tamén quixeron colaborar cn esta proposta tan apetecible, e na fin de semana poderanse degustar pementos do Couto e ameixa da ría.
Malia que o Spinnaker foi ideado como unha cita deportiva, calquera iniciativa en favor da promoción de Galicia é ben recibida. Así que esta semana teñen unha cita coa mellor gastronomía da comarca.