ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Queremos que o cultivo sexa a base deste local, a nosa diferenciación", afirma Pablo Pardo, propietario de Melucha Flor, un paraíso ecolóxico e gastronómico no entorno da praia de Coído, en Limodre.
Melucha Flor é un fermoso local con vistas ao mar que conta cunha carta de primeira calidade. Os seus propietarios son ao mesmo tempo produtores e cociñeiros. “A idea de Melucha Flor é controlar o produto dende o principio ata o final. Nótase moito cando un tomate non pasa pola cámara frigorífica ou madura o tempo que ten que madurar na planta. Quixemos fuxir das freidoras e usar só un forno de pedra. Encántame cociñar na pedra. Asamos carne, patacas… Fixemos ata unha pizza hindú con curry, frango e diferentes especias”, destaca Pablo Pardo en Radiofusión. Ademais de poder comer alí, en Melucha Flor podemos mercar produtos agrícolas de gran calidade.
Na imaxe, Pablo Pardo, propietario de Melucha Flor.
Fotografía: Xarda.
Publica o teu comentario agora