ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Moita xente non sabe as calamidades que pasan os gatiños na rúa”. Asegura Ana García, voceira da asociación “Miquiños Melide”, que interveu no espazo Radio Animal de Radio Fene.
Leva nove anos implicada no coidado dos gatos da rúa. O seu compromiso comezou co rescate dunha gatiña. Ao primeiro actuaba soa pero as ameazas recibidas decidírona a promover unha asociación para traballar de maneira máis organizada. A entidade financiase case en exclusiva con cartos do seu peto. Ana denuncia o desinterese das autoridades municipais. “Lamentable”, considera a actuación nesta materia do Concello de Melide. E aproveita para explicar á cidadanía a importancia da atención das colonias felinas. “Se temos os gatiños esterilizados non hai camadas indesexadas, podemos coidar os que están, van ser uns gatiños sans que tamén realizan unha función de control doutro tipo de pragas”.
Publica o teu comentario agora