Gatos abandonados

Gatos abandonados
14 de Decembro, 2022 - 02:39 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de 285.000 cans e gatos abandonados en 2021, segundo a Fundación Affinity. Cifras alarmantes que provocan problemas como o aumento da poboación de gatos nas rúas, do que falamos en Radio Animal, espazo que emite Radio Fene en colaboración con InDiCan

ESCOITA O PODCAST:

“A meirande parte dos felinos que viven na rúa foron abandonados, son poboacións que medran porque non se esterilizan e reproducen sen control”, informa a veterinaria e Noemí Graña. “Os gatos que viven na rúa teñen unha esperanza de vida moitísimo menor que os que viven en pisos, poden ter enfermidades de transmisión sexual como a inmunodeficiencia”, advirte. Para facerlle fronte ao problema, “en Fene hai voluntarios que se ocupan do control ético das colonias felinas que viven en espazos públicos e privados, de controlalos sanitariamente e método CER, acrónimo de  captura, esterilización e retorno”, explica Lorena Fernández. “Esterilízanse, vacínanse e se presentan algún tipo de problema de saúde tamén son atendidos, encárganse os voluntarios de Fene dos que depende o proceso, aos que o Concello apoia”, detalla. “Tamén están en proceso para a sinalización das colonias de gatos, para disuadir a cidadanía de que os alimente sen control”, avanza Lorena Fernández. “O obxectivo mellorar a calidade de vida e reducir a poboación”, indica Noemí Graña. Coa posta en marcha do CER os voluntarios seguen un protocolo establecido e sempre están en contacto co Concello, contan con permiso especial concedido polo Concello que as habilita.Calquera persoa que sexa voluntaria ou queira selo pode acudir á Casa do Concello para rexistrarse nesta rede de voluntariado oficial, detallan as representantes de InDiCan.

Sociedade

Publica o teu comentario agora