Gatos xogadores

Gatos xogadores
13 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Aos gatos gústalles moito xogar. Prefiren os xoguetes que teñen plumas, obxectos pequenos que poden transportar na boca, explicou a veterinaria etóloga Noemí Graña en Radio Animal. 

ESCOITA O PODCAST:

“Os gatiños xogan para aprender a cazar”, di Noemí que advirte de que “non deben xogar coas nosas mans ou os nosos pés”. Se temos un gatiño pequeno é necesario lembrar que “as mans e os pés non son xoguetes, porque cando pese 5 quilos vai cazar os teus dedos e iso doe moitísimo”.  Outro consello da especialista en comportamento animal. As canas que teñen unha goma da que colga un xoguete hai que ter coidado de gardalas nun caixón, non deixalas polo chan ou colgadas dunha cadeira para evitar accidentes. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora