Gerardo Conde Roa acompaña aos sete edís do PP no Xulgado

Gerardo Conde Roa acompaña aos sete edís do PP no Xulgado

19 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Os sete edís do Concello de Santiago que están imputados polo pagamento da defensa a outro concelleiro do Partido Popular, Adrián Varela -investigado na Operación Pokémon-, sentaron esta mañá no banco dos acusados nun proceso no que se enfrontan a unha pena de nove anos de inhabilitación para cargo público por prevaricación, xa que acordaran sufragar con

Os edís do PPdeG, que se enfrontan a nove anos de inhabilitación especial para o exercicio de emprego ou cargo público, basearan o seu recurso contra o auto de apertura do xuízo en que ningún funcionario se opuxo ao acordo e en que non houbo vontade de prevaricar. Neste proceso, os concelleiros imputados contaron co apoio do presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, que tamén mantén a súa confianza na inocencia dos procesados. Agora ben, se hai sentenza condenatoria, aplicaranse os estatutos e os edís deberán abandonar o partido

Ademais, os concelleiros contarán co apoio presencial do alcalde, Angel Currás, que tamén se amosa convencido dunha sentenza absolutoria tras a vista de hoxe luns.  O rexedor, que non está imputado nesta causa aínda que si en outras como a Operación Pokémon, non participou naquela xunta de goberno local extraordinaria do 30 de maio de 2013 na que se adoptou o acordo polo que agora se xulgará aos seus sete compañeiros do equipo de goberno.

Institucional