Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe: “Lorenzo favoreceu a imposición lingüística nas aulas”

Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe: “Lorenzo favoreceu a imposición lingüística nas aulas”

15 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“O domingo 17 en Santiago, o que acontecerá será unha manifestación do BNG. Teñen ganas de desfogar e están no seu dereito”, comenta, non sen sorna, Gloria Lago cando se lle pregunta a súa opinións sobra a manifestación a prol dos dereitos do idioma galego convocada para o Día das Letras Galegas. Con todo, a presidenta de Galicia Bilingüe non está de humor logo de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Fei

O nomeamento como secretario xeral de Política Lingüística do profesor da Universidade de Vigo e colaborador do antigo goberno bipartito “non nos parece nada adecuado”, declarou a Radiofusiòn a voceira do colectivo que protagonizou a pasada campaña electoral cunha marcha que pedía a derrogación do Decreto do Galego no Ensino. Gloria Lago consideraría “absurdo” que Núñez Feijóo cambiara o seu discurso arredor do idioma logo de convertir os argumentos de Galicia Bilingüe nunha baza do programa co que chegou a San Caetano.

 

“Hai un sector que quere o ensino en galego e ten dereito de reclamalo, pero non haberá paz lingüística se non se lles deixa aos pais escoller o idioma no que os seus fillos deberán cursar as materias troncais”, conclúe Lago, mentras agarda a que os sobres de matrícula que deberían chegar axiña aos centros escolares inclúen a caixa para escoller lingua vehicular que prometera Feijóo a Galicia Bilingüe. Unha promesa que, pasado o 17 de maio, podería desaparecer do programa de Goberno.

Sociedade