Go Maniños!

Go Maniños!
06 de Xuño, 2023 - 02:43 h. | Publicada por Radio Fene

Obxectivo conseguido. O Maniños feminino conquistou a praza na Segunda División Galega. Eirís 4-2 Maniños, o domingo no campo da antiga Leyma. Clasificouse na Coruña cos dous goles marcados en campo contrario e grazas á vitoria 3-0 do partido de ida.

ESCOITA O PODCAST:

“Traballaron como leoas e o obxectivo conseguiuse. O esforzo está recompensado”, declarou o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. O partido tivo momentos pouco deportivos, pero a clasificación compensou os sacrificios realizados. “Sabíamos que ía ser un partido moi complicado e que tiñamos que ir a Coruña a xogar coa vantaxe que tiñamos”, explica o técnico. Agora chegou o momento das celebracións e o descanso. Tamén da reflexión e a toma de decisións para a próxima temporada.

Deportes

Publica o teu comentario agora