ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O goce gastronómico, a especulación inmobiliaria e os incendios forestais incorporanse nesta novela negra. O escritor Antonio Tizón fálanos de Lume de cobiza, de Miguel Anxo Fernández.
Volvendo á liña das series de detectives configurada por Reigosa, cabe destacar o caso xenuíno de Miguel Anxo Fernández, cun total de oito novelas da saga de Frank Soutelo, un detective que sitúa primeiro en América, coa obra, Un cadáver para Marilyn, publicada en 2002, que gañou o premio García Barros, e que, en última instancia, é unha divertida e paródica obra de xénero. Con Lume de cobiza, a cuarta entrega da serie, prodúcese o cambio de escenario do protagonista de América a Galicia, que xa será o lugar de desenvolvemento das tramas de todas as novelas posteriores, Bícame, Frank (2013), Un dente sen cadáver (2016) e A conxura do sete (2022). Nelas, sempre cun estilo cinematográfico e sarcástico, o autor incorpora temáticas propias do entorno no que se move, como poden ser o goce gastronómico, a especulación inmobiliaria ou os incendios forestais, como é o caso da obra recomendada, cuxa trama se centra en agosto de 2006, cando este “lume de cobiza” arrasou o noso territorio. Ademais da saga de Frank Soutelo, Miguel Anxo Fernández é autor de numerosos ensaios históricos e cinematográficos e doutras obras de ficción non relacionadas co xénero negro, entre as que destaca Blues para Moraima, (Premio Blanco Amor, 2016).
Na imaxe: Antonio Tizón
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora