Golazo contra o Maniños

Golazo contra o Maniños
20 de Decembro, 2022 - 02:38 h. | Publicada por Radio Fene

O Maniños perdeu en Cedeira na Segunda División Galega Feminina de fútbol. Discalzas 1-0 Maniños. O gol que lle deu os tres puntos ao Discalzas tardou en chegar. Marcouno no minuto 77 Irene Díaz. “Tivemos moitas ocasións os dous equipos e cando máis estábamos apertando nós un balón á contra da súa dianteira centro que marcou un gol precioso, unha bolea desde fóra da área de 40 metros, esa xogadora ten unha calidade espectacular”, declarou a Radio Fene o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo

ESCOITA O PODCAST:

“Foi un partido moi disputado, con moitos medos nos dous equipos, con moitas ocasións de gol que non se materializaron”, explicou o técnico. “Seguimos intentándoo, sabemos que estes partidos, que son derbys ferroláns poden decantarse a un lado ou a outro, agora a seguir traballando”. Logo deste encontro, o Maniños chega ao parón de Nadal en novena posición, con 13 puntos. “Estou moi satisfeito do traballo das xogadoras, nada que obxectar ao traballo de equipo”, manifestou Iñiguez

Deportes

Publica o teu comentario agora