Goleada das xogadoras do Perlío

Goleada das xogadoras do Perlío
15 de Novembro, 2022 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

Goleada nos Pinares que lle deu tres puntos ao Perlío na Segunda División Galega de Fútbol Feminino. Perlío 8-0 Atlético dos Castros. Vitoria avultada que supón unha inxección de moral para as xogadoras, recoñece en Radio Fene o adestrador do Perlío, Carlos Carballo, Vinky, “moi contento”.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Ás rapazas sérvelles moito para coller moral, marcaron as dianteiras que tamén é importante”, declara o técnico. O marcador empezou moverse moi cedo. “As rapazas saíron enchufadas desde o pitido inicial, na primeira xogada no minuto 1 marcamos o primeiro gol e na segunda, no minuto 3, o segundo. A partir de aí, claro, co marcador a favor xogas doutra maneira, con máis tranquilidade”. “Fixemos unha primeira parte presionando, roubando balóns, xogando moi ben e chegamos ao descanso con 6-0 que deixaba o partido practicamente resolto o partido”, explica. Judit marcou tres goles, Sofía outros dous, Iria, Noa, Antía, anotaron os goles neste partido. Logo da goleada ás coruñesas dos Castros, o Perlío sitúase na décima posición. Ten cinco puntos e dedica a semana a preparar o vindeiro encontro, contra o Val B, que vai de undécimo con tres puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora