ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Foilles ben en xeral aos equipos de Fene que militan na Segunda Autonómica de fútbol. O Maniños alzouse coa victoria no campo do Cebarca, sobradamente. O marcador rematou, Cebarca 1 Maniños 6. O Maniños sentenciou o partido xa nos primeiros minutos. Aos dez minutos do encontro o Cebarca encaixara tres goles.
Nos primeiros seis minutos deixou sentenciado o partido o Maniños co parabólico gol de Iñaqui, de portería a portería.
O Maniños leva gañando os seis partidos seguidos, pero "algún hai que pinchar", segundo palabras do directivo Alfredo Fernandez.
O Cultural Maniños quere manter a distancia co resto porque, en duas xornadas, van a Caranza e ese será "un encontro difícil para o Maniños". De feito onte o Caranza meteulle dez goles ao As Pontes B.
O proximo domingo o Maniños enfréntase na casa ao Ortigueira.