ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Doce goles marcou o Perlío feminino en Iñás. Retomou a boa racha no partido disputado o domingo. Atlético San Pedro B 0-12 Perlío. Goles de Noa, Uxía (3), Julia (4), Alba (2), Ana e Rocío. Comentamos o partido co adestrador do Perlío feminino, Rafa Afonso.

“Esta semana deuse todo de cara”, opina Rafa Afonso malia que “íamos ao partido con algún resquemor porque non estaban a saír as cousas nos últimos encontros, tiñamos algunha baixa e foi un día bastante caloroso”. As circunstancias non eran propicias pero as xogadoras responderon con seriedade. “Fixemos un encontro moi serio, fomos quen de dominar o balón en todo momento e facer un xogo bastante vistoso”.
Publica o teu comentario agora