ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Cinco detidos, catro deles ingresaron xa na cadea, e rexistros en Ferrol, Narón, A Coruña, Arteixo e Oza-Cesuras. Balance da operación Lezna que desenvolveron a Garda Civil e funcionarios de Vixilancia Aduaneira. Os detidos están acusados de delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal, e interviñéronse 31 quilos de cocaína, 135 quilos de haxix, cantidades menores de marihuana e ketamina, armas, vehículos e diñeiro en efectivo. O subdelegado do Goberno, Julio Abalde; o xeneral xefe da Garda Civil, Miguel González Arias, e o xefer de Aduanas de Aduanas da Axencia Tributaria, Jaime Gayá, presentaron na Comandancia da Garda Civil, na Coruña, o material que foi incautado nesta operación.

A investigación iniciouse a mediados do ano 2024 ao ter sospeitas da vinculación ao narcotráfico dun home, veciño da localidade de Oza-Cesuras. O investigado, mantiña un alto nivel de vida sen ter ningún tipo de actividade laboral coñecida, posuía coches e motos de alta gama, e dispoñía de numerosas vivendas. A principios de xaneiro de 2025, incautouse un vehículo nun control rutineiro na localidade de Porzomillos, no mesmo municipio, con 5 quilos de cocaína e 10 de haxix. O condutor era outro veciño de Oza-Cesuras. Tiñan en Oza-Cesuras tres fincas nas que almacenaban grandes cantidades de droga. Tamén utilizaban como almacén un garaxe situado na Coruña, onde a persoa encargada de realizar os transportes de droga almacenaba ketamina e unha gran cantidade de haxix. Desde Oza-Cesuras realizábanse entregas de cocaína e haxix a diferentes puntos da Coruña e Arteixo.
A mediados do ano pasado, a investigación deu un avance ao identificarse nun operativo a un dos principais xefes dun coñecido grupo criminal de Ferrol, con antecedentes por tráfico de drogas e tenencia de armas de fogo. Este individuo, posuidor de varios inmobles, foi visto en apenas catro meses conducindo oito vehículos diferentes. Os investigadores comprobaron que este home tiña un papel predominante, era o encargado de abastecer á organización criminal coas substancias estupefacientes. Esta tarefa desenvolvíaa valéndose dun ‘piso gardería’ localizado en Narón, onde se almacenaban varias armas de fogo automáticas e semiautomáticas, ademais de cocaína, haxix e diñeiro en efectivo. Desde esta localización, o grupo abastecía varios puntos de venda de droga en Ferrol. Ademais, en Narón incautouse un subfusil automático e cinco armas curtas, así como munición de 9mm. Tamén se aprehenderon 31 quilos de cocaína, 135 quilos de haxix, cantidades menores de marihuana e ketamina, 85.000 euros, cinco turismos e dúas motocicletas.
Publica o teu comentario agora