Golpes Bajos, o outro piar da Movida Viguesa

Golpes Bajos, o outro piar da Movida Viguesa

06 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

No ano 80, en plena ebulición da movida madrileña, Galicia xerou a súa propia resposta a esta corrente musical. Coa cidade olívica como epicentro, nacía a Movida Viguesa da man de Semen up, Aerolíneas Federales, Os Resentidos e, principalmente, Siniestro Total e Golpes Bajos. A formación destes últimos comezou como mero entretemento de Germán Coppini, que en 1982 se une a Teo Cardalda, que compón a m&

O disco grávase nunha fin de semana e con Germán Coppini griposo. Nel inclúen tres das catro cancións da maqueta: “No mires a los ojos de la gente”, “Malos timepos para la lírica” e “Estoy enfermo”.

Co comezo de éxito de Golpes Bajos; a entrevista no programa de televisión La Edad de Oro, na que contan que Germán Coppini obviou dicir que tamén formaba parte de Siniestro Total; e as súas diferencias musicais co resto de membros desta última banda, provocan a saída de Coppini da súa anterior formación para dedicarse a tempo completo a Golpes Bajos.

En 1984 o cuarteto convértese en sensación do momento e publican o seu primeiro longa duración, de novo xunto a Nuevos Medios, chamábase A Santa Compaña. Nove cancións nas que Coppini dá renda solta á súa imaxinación en letras excéntricas, irónicas e incluso paranoicas que se mesturan con moito funk, percusións brasileiras e ritmos electrónicos que se achegan á nova ola.

Entre eses nove temas inclúense “Colecciono moscas” ou ou que lle dá nome a este primeiro e único longa duración de Golpes Bajos. Outro dos éxitos que xa forman parte da chamada idade de ouro do pop estatal e que se incluía nesta ópera prima é “Cena Recalentada”.

Xa en 1985 Golpes Bajos publican o seu último traballo, o mini LP Devocionario, no que o listón baixa, tanto nas letras de Coppini, que perden o enxeño, como nas composicións musicais de Teo Cardalda. As fórmulas repítense, pero agora con pouca frescura. Un dos temas incluídos neste último traballo é “Travesuras de Till”.

Así, conscientes de que o seu brillo se apagaba, Golpes Bajos sepáranse no ano 1986. Non obstante, os seus membro continúan as súa carreira musical. Coppini colaborou primeiro con Nacho Cano, para logo seguir en solitario. Teo Cardalda forma Cómplices xunto á súa parella María Monsonís. Pablo Novoa únese a Aerolíneas Federales e máis tarde continúa coa súa traxectoria como músico de sesión traballando con xente como Josele Santiago, Iván Ferreiro ou Los Ronaldos. Tamén Luís García seguiu sobre os escenarios, posou a ser o baixista doutra das bandas da movida viguesa, Semen up.

Dez anos despois da súa disolución, en 1996, a discográfica Nuevos Medios edita un compilatorio que recolle o mellor da súa curta discografía e que acada grandes vendas. Guiados por este éxito, en 1998 Germán Coppini e Teo Cardalda intentan reflotar a banda con novos músicos e anuncian o seu regreso para gravar un documental dirixido por Juanma Bajo Ulloa e un disco en directo, chamado Vivo cos que non triunfaron.

 

Cultura