Gosto do meu equipo

O Perlio pasa a oitavos de final da Copa da ría tras un contundente resultado fronte ao Capela.
09 de Setembro, 2019 - 10:58 h. | Publicada por Radio Fene

"Os dous porteiros do Perlío son do mellor da categoría" afirma Chechu Piñeiro, quen desgranou na entrevista de Radio Fene as cualidades de cada membro do seu equipo.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlio pasou a oitavos de final da Copa da ría con folgura. Perlío 5- Capela 0. Un resultado abultado que colleitou xa tres goles na primeira parte, dous de Dani Varela e un de Xavi Rioboo. O Capela baixou os brazos na segunda metade e caeron outros dous. Leva so un mes adestrando e ao técnico, Chechu Piñeiro, gustoulle o seu equipo. O 1 de novembro continuará a Copa en oitavos de final, cun enfrontamento entre o Perlío e o Val, de primeira rexional e reforzado con xente nova.

Pero de momento queda aparcado para pensar xa no arranque da liga o próximo domingo dia 15 nos Pinares fronte ao Numancia de Ares, equipo que chega esta tempada reforzado no medio do campo. Chechu Piñeiro declarou que eles seguirán a coller a forma adestrando tres dias na semana. “Se temos a actitude de onte, temos moitas opcións” afirma  Piñeiro quen repasou en Radio Fene unha por unha as cualidades do seu plantel.

Deportes

Publica o teu comentario agora