ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Volve a actividade na piscina de Centieiras, do Concello de Fene, que estivo pechada debido a unha avaría.

Reabriu esta mañá a piscina municipal de Centieiras, unha vez solucionada a avaría que obrigou a pechala o pasado 23 de maio. O alumnado das escolas de adultos reanuda as actividades que continuarán ata o 30 de xuño. O alumnado das escolas de natación para bebés terá a festa de clausura mañá, sábado, no propio horario da escola e poderán estar acompañados de 2 persoas adultas. O alumnado de primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil e perfeccionamento xuvenil terá a festa de clausura o sábado día 27 de xuño. O Concello informará nos vindeiros días das decisións que se tomen no que respecto a devolución de cotas ou compensación das mesmas. Tamén pide desculpas polas molestias ocasionadas.
Publica o teu comentario agora