Gozar do monte

Gozar do monte
04 de Abril, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Novo fito para a muller no eido deportivo. Por primeira vez, o Club Deportivo 21 Leguas, con sede en Narón, ten á súa fronte unha muller, unha das poucas en postos de dirección no deporte do trail en Galicia. Esther Corral preside a entidade desde a última asemblea, celebrada hai menos de dúas semanas. 

ESCOITA O PODCAST:

“Un día atrevinme e vencín o medo de saír á montaña”, sinala Esther Corral. Iniciouse no trail en Cataluña, onde esta naronesa pasou gran parte da súa vida.  “Non é so correr, é pasar tempo na montaña, gozar dela, supón unha desconexión, dá enerxía”, asegura a nova presidenta do 21 Leguas. Destaca o gratificante que resulta correr polo monte e coñecer sitios novos, “máis en Galicia onde temos lugares moi bonitos para gozar”. Gozar da montaña con este deporte é unha oportunidade que aproveitan cada vez máis mulleres, pero o seu número aínda é inferior ao dos homes. “Creo que nos dá un pouquiño de reparo ir adestrar soas, por iso non hai tanta muller na montaña”, indica, ao tempo que no equipo 21 Leguas ás mulleres séntense moi apoiadas polos compañeiros. “Somos un máis”, remacha. 

 

Deportes

Publica o teu comentario agora