Gozar do teatro

Gozar do teatro
12 de Febreiro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Vida teatral en Limodre. Unha obra de teatro ao mes ten programada a Asociación Veciñal que preside Nacho Martínez. O ciclo comezou en xaneiro e ten confirmados espectáculos ata abril, outros están pendentes de pechar. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“Espectacular afluencia de xente, da parroquia e de fóra”. Foi moi boa a acollida que tiveron as dúas primeiras representacións do ciclo de teatro de Limodre. A obra “Vaia Idiotas!”, representouna en xaneiro o grupo de Pontedeume DameCuerdaQueTeatro e o sábado pasado a  compañía de teatro do CMIU Fene Xosé María Pérez Parallé, dirixida por Xosé Bonome, puxo en escena a obra A Casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca. 

A seguinte cita será o 29 de marzo, cando actuará na Escola de Limodre a compañía de teatro Licor Café da AVV O Pinar da Madalena, con dous sainetes de Jose Cedena Sánchez, “Ollo por ollo e gato por lebre” e “O oculista da vista”, baixo a dirección de Paco Brage. Para o 5 de abril anúnciase “Por um punhado de votos...”, de Artábria Teatro dirixidos por Helga Méndez, de Maquinarias Teatro. A entrada a todas as funcións é de balde.

Cultura

Publica o teu comentario agora