Gran afluencia de visitantes na Feira Franca de Fene

Gran afluencia de visitantes na Feira Franca de Fene

28 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Feira Franca de Fene pechou as súas portas na noite de onte, cun completo éxito de visitantes. Ao longo dos tres dias numerosos cidadáns de Fene e da comarca achegáronse á Praza do Concello para visitar os máis de 50 postos abertos na zona. Gozaron de especial afluencia os xogos para rapaces e rapazas.

A xente respondeu ben e acudiu á feira aproveitando o bo tempo reinante esta fin de semana. Un grupo de gaiteiros e unha bailarina interpretando a danza do ventre tamén contribuiron a animar o evento.As doce da noite pecharon os postos da feira medieval e inmediatamente recolléronse os rochos instalados durante tres dias na Rua do Concello de Fene.

Sociedade