Gran ambiente e calor bochornoso

Gran ambiente e calor bochornoso
15 de Abril, 2019 - 12:44 h. | Publicada por Radio Fene

O Cultural Maniños mantén o máis valioso, xa que a derrota de Mugardos non vai influir no ánimo dos xogadores brancos. “Foi un partido moi complicado, moi dificil, diante do mellor equipo da categoría, cun calor bochornoso e un gran ambiente de fútbol” salienta o directivo do Maniños Alfredo Fernández. Galicia de Mugardos 4 – 1 Cultural Maniños

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Tempada 2018-2019

Quedan 4 xornadas para o remate da Liga da Primeira Galicia de fútbol. O equipo do Pote permanece a cinco puntos da permanencia, postos que ocupan o Sporting Ciudad e o Orillamar. Precisamente na próxima xornada (o 28 de abril) o Maniños recibe ao Orillamar e todas as súas opcións pasan por gañar ese partido.

Deportes

Publica o teu comentario agora