Gran arranque ligueiro

Gran arranque ligueiro
28 de Setembro, 2026 - 11:18 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío levou os tres puntos grazas a un solitario gol de San Emeterio na primeira metade e a un gran exercicio de resistencia defensiva. Con este resultado, o equipo asína un gran arranque ligueiro na Primeira Futgal, sumando tres vitorias en catro xornadas. Ocupa a terceira posición, a un punto do primeiro, o Cedeira. 

ESCOITA O PODCAST:

Conversa co técnico do Perlío Jesús Peña:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/280926PENA.mp3

Fotografía Xan Xe

O adestrador do Perlío, Jesús Peña, analizou o triunfo e cualificouno como un encontro "moi traballado". O técnico recoñeceu que o rival puxo as cousas difíciles desde o chifro inicial: "Quizais entrou mellor ao partido o Orillamar, tendo varias ocasións claras nada máis comezar". Porén, a efectividade local decantou a balanza. No minuto 23, unha boa xogada por banda de Brais rematou co gol de San Emeterio. A partir dese momento, o duelo igualouse camiño do descanso. Na segunda metade o Perlío defendeu o resultado cun gran esforzo defensivo. 

 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora