A gran festa do Barallobre

A gran festa do Barallobre
11 de Agosto, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A Sociedade Deportiva Barallobre convida a todos os seus ex-xogadores e ex-directivos a acudir este sábado ao campo do Ramo. Queren converter a xornada nunha festa de confraternidade. As sete e cuarto da tarde entregarase unha placa conmemorativa ao xogador Antonio Lorenzo "Tucho".

Fotografía: Rodrigo Galdo

Xogarase tamén o torneo triangular Mesón O Campo a partir das seis e media da tarde coa participación do Eume B, Numancia de Ares e S.D.Barallobre. 

Na imaxe equipo do Barallobre S.D Tempada 77-78
De pé de esquerda a dereita: Rodri II, Otero, Canosa, Chompi, Tucho, Lucho, Diaz, Garcia Balado (Adestrador) e Rodri I.
Agachados de esq. a der.: Sevilla (Masaxista), Manel, Juancho, Julio, Paco, Vila, Javier e Antonio.

Deportes

Publica o teu comentario agora