A gran María

A gran María
21 de Outubro, 2022 - 11:05 h. | Publicada por Radio Fene

Cúmprense cen anos do nacemento de María Casares. Unha galega que tivo que marchar de Galicia de adolescente, pero que nunca renunciou á súa conexión con esta terra. “Eu son do océano” dicía María Casares. Sabela Hermida elaborou unha tese en 2013 sobre as artes escénicas e a filosofía en María Casares. Agora ven de publicar un libro a partir daquela investigación. A correspondencia entre a actriz e o seu pai Casares Quiroga ten unha gran calidade literaria. O mesmo pasa coas cartas a Albert Camus. Cando visita Buenos Aires ten un caloroso recibimento por parte dos exiliados galegos. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Premio Moliere á mellor actriz de teatro. O goberno francés concédelle o Premio Nacional de Teatro e a lexión de honor. O goberno español premisa coa Medalla ao Mérito das Belas Artes. O goberno  galego imponlle a medalla Castelao que recolle no seu nome o poeta Miguel Anxo Fernán Vello. En 1984 noméana filla predilecta da Coruña. María Casares morreu en novembro de 1996 pero a súa lembranza vive grazas entre outras a obras como esta de Sabela Hermida. "María Casares fronte ao espello" publicado por Xerais nunha coidada edición.

Cultura

Publica o teu comentario agora