Gran sorteo en Perlío

Gran sorteo en Perlío
02 de Agosto, 2024 - 10:04 h. | Publicada por Radio Fene

Un remolque a rebentar de produtos, máis unha paella para cinco persoas no CCRD Perlío, 100 euros e medio porquiño. Todo isto recibirá o gañador dun sorteo que organiza a comisión de festas de verán de Perlío, segundo contaron en Radio Fene Jesús Ares, Lito, e Roberto Teijido. Esperan reunir a máis de catro mil persoas coa orquestra Panamá band, unha formación que ten moito tirón na comarca. "Haberá moita festa pero non xenerará botellón" agardan os organizadores.

ESCOITA O PODCAST:

As festas de verán de Perlío celébranse do venres 9 ao domingo 11 de agosto. A orquestra Panamá é un dos grandes atractivos do programa festivo. Os organizadores póñense como reto superar o éxito das festas de maio. Este ano, os custes aumentan, pero a comisión de festas está satisfeita coa colaboración veciñal. E, para recadar máis fondos, tiveron a idea de facer un sorteo moi xeneroso. O gañador coñecerase o 17 de agosto. O número agraciado será o que coincida coas catro últimas cifras do primeiro premio da lotería dese sábado.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora