ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fito para o judo da comarca de Ferrolterra. A Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra clasificou seis deportistas para o Campionato de España Infantil e Cadete da especialidade, algo que non sucedía desde hai máis de 20 anos.

A delegación de Judo Ferrolterra desprazarase a Palma de Mallorca onde se disputará esta fin de semana o Campionato de España de Judo. O sábado competirá o judoca naronés Hugo López Pereira na Categoría Cadete en -50kg. O domingo será a quenda dos Infantís, na que competirán a fenesa Alba Bollo, os judocas de Pontedeume Iago Miño e Xabi Allegue e os naroneses Alejandra Álvarez e Xabi Mauriz. Todos forman parte da selección galega, na que tamén estará presente, como técnico, o seu adestrador Alberto Castro.
Intercentros Ferrolterra
Doutra banda, o pasado sábado 11 de abril disputouse en Fene a segunda xornada do Ranking Intercentros de Ferrolterra, coa participación de 100 judocas do club nas distintas categorías. Julia Fernández, de Fene, e Alberto Troncoso de Narón, gañaron en Alevíns. Manuel Picos, de Narón, en Cadetes. Ángel Correas, de Fene; Xabi Mauriz, de Narón, e Iago Miño e Xabier Allegue, de Pontedeume, foron campións en Infantís, e en Benxamíns, gañaron Eizan Freire e Iago Rubianes, de Miño, e Marco Pérez, de Bertamiráns.
Publica o teu comentario agora