A grande guerra irmandiña e o castelo de Moeche

A grande guerra irmandiña e o castelo de Moeche

21 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A revolta irmandiña lémbrase este sábado en Moeche. A música serve para retrotraerse ao século XV nunha época na que os campesinos mandaron sobre a nobreza e os seus castelos. Nos concertos desta noite actuarán Slainte (Catalunya), Alalé (Irlanda), Quempallou e Roncarela. A partir da medianoite a actriz da Coruña Isabel Risco pronunciará o pregón.

A grande guerra irmandiña tivo lugar nos anos 1467 - 1469. Betanzos, Coruña, Ferrol e outros concellos actuaron como motores do movemento. As malas colleitas e pestes destes anos fixeron bulir a revolta popular que adquire un caráćter de auténtica guerra civil, pola extensa participación social que acaba tendo. Encabezan a protesta Pedro de Osorio, Alonso de Lanzós e Diego de Lemos, capitaneando campesinos, xentes da cidade, baixa nobreza e fidalguía e algúns membros do clero. Os enemigos dos irmandiños foron, principalmente, os nobres laicos, donos de castelos e fortalezas, encomendeiros das principais igrexas e mosteiros. Entre as torres destruidas figura o castelo de Moeche, desmantelado polo ciclón irmandiño, segundo salienta o historiador Ramón Villares. Despois de fuxir a Portugal, a nobreza contraatacará rematando por derrotar aos exércitos irmandiños e prender ou matar aos seus dirixentes.

Cultura