Grandes éxitos

Grandes éxitos
28 de Setembro, 2021 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Barallobre quedou campión da denominada liga de modestos na temporada 1961-1962. Logrou 21 puntos, con tres de vantaxe sobre o segundo clasificado. Clasificouse entón para a Primeira División da ría donde xogaría co Galiano, Galicia de Mugardos, Ferrandiz Canido, Esteiro, Bertón e Galicia de Caranza.

S.D.Barallobre. 2008

Castro 3 Barallobre 3. En marzo de 1961 comezaba a Copa da ría. O Barallobre enfrontouse ao Castro. A pesar de poñerse por diante no marcador cun tanteo de 3-1, finalmente o Castro empatou o encontro. Polo Barallobre xogaron: Romero, Juan, Manuel e Vicente. Dominguez e Victor. En punta, Romero, Díaz, Eduardo, Diaz e Seijo. Xogaba o Barallobre naqueles tempos no campo de Santa Rosa, segundo as crónicas da época. 

A segunda fase da liga comezou en febreiro de 1962. Losada escribia a información en El Pueblo Gallego e falaba dun partido entre o Barallobre e o Galiano. Ofreceron un xogo de moita vistosidade polo que a afección saiu altamente compracida do encontro. Finalizou o partido cun empate a catro. Bernardo Leira e Jose Luis Martinez defendian a camisola da S.D. Barallobre naquela temporada.

Deportes

Publica o teu comentario agora