Grandes da música galega

Grandes da música galega
26 de Marzo, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Festa da música galega con Setestrelo e Cántigas da Terra este venres, día 27, en Sillobre. Con entrada libre. Organiza Airiños de Fene que estrea nova directiva. Forman parte dela Icía e Gisela Sanmartín, coas que conversamos en Radio Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

Airiños de Fene devólvelle o convite a Cántigas da Terra coa organización dun Encontro musical que terá lugar o venres, ás 20 horas, na sociedade Agarimo de Sillobre, con entrada libre. Desde 1987 mantén viva a tradición musical galega Airiños de Fene, que vén de mudar a súa directiva na que son maioría as mulleres novas. “Non é a primeira vez que hai unha directiva de mulleres, xa a había aló polos anos 80-90 e para nós era normal, somos todo mulleres e un home”, explica Gisela. Levan “toda a vida vinculadas a Airiños, só que agora cun chisco máis de responsabilidade”, apunta Icía. 

Encontro Musical este venres, día 27, na Sociedade Agarimo de Sillobre. Organiza Airiños de Fene. Actuarán Cántigas da Terra e a sección Setestrelo de Airiños. 20 horas e con libre acceso. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora