Grandes eventos deportivos

Grandes eventos deportivos
31 de Xullo, 2026 - 02:21 h. | Publicada por Radio Fene

Xa hai data para a celebración do Día do Deporte na Rúa que organiza o Concello de Fene. Tamén para o Torneo Triangular de Fútbol Concello de Fene. Desvelounos a concelleira de Deportes, Alba García, esta mañá en Radio Fene.

ESCOITA O PODCAST:

O domingo 6 de setembro celebrarase o Día do Deporte na Rúa que tivera que ser suspendido a principios deste mes debido a unha das vagas de calor. Foi unha decisión sensata a suspensión daquela das actividades que congregan gran número de persoas de todas as idades. A Concellería de Deportes decidiu agardar a setembro para non solapar outras actividades que organizan estas semanas as distintas asociacións e sociedades de Fene. 

A concelleira de Deportes, Alba García, anunciou tamén que xa están en marcha os preparativos do Torneo Triangular de Fútbol Concello de Fene que se disputará o sábado 22 de agosto. Este ano os tres equipos, Perlío, Barallobre e Maniños disputarán o Torneo no campo dos Pinares. Pendente do sorteo dos partidos, sábese que se van disputar ás 18.30, 19.30 e 20.30.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora