ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Piruchela presenta o cartel do I Encontro de Xigantes e Cabezudas de Neda que incorpora unha nova figura, ‘O Panadeiro’. O cartel do evento xa está nos escaparates e rúas da vila para anunciar a histórica cita do vindeiro sábado 6 de xuño

O colectivo homenaxea o emblemático oficio local co novo cabezudo de creación propia. “Trala creación da Panadeira, era de lei crear a figura do Panadeiro, xa que as panaderías con unha parte importantísima da historia da vila e merecían a súa homenaxe”, explicou Montse Fraga.
Pola súa parte, Gonçalo Grandal subliñou que este proxecto nace cunha clara vocación de continuidade no tempo. A organización fai un chamamento á veciñanza para rescatar fotografías e memoria dos antigos xigantes de Neda.
En canto ao programa do Encontro. Á unha, na Casa das Palmeiras, terá lugar o acto central co pregón a cargo do artesán Luis Javier Iglesias "Luchi" e abrirase a exposición de todas as xigantes e cabezudas participantes. E ás cinco da tarde, tamén da Casa das Palmeiras sairá o desfile. A comitiva polo casco histórico de Neda realizará paradas nas rúas Sobrevila, Real, Subarreiros e na Praza da Rectoral, antes de rematar o percorrido no Centro Cívico.
Publica o teu comentario agora