Gravado e Estampaxe

Gravado e Estampaxe
21 de Maio, 2024 - 04:24 h. | Publicada por Radio Fene

Estrea no Laboratorio de Creación Artística Laudas Calamity. A súa directora, Laura Bouza anuncia a presentación do seu novo proxecto de "Gravado e Estampaxe".

ESCOITA O PODCAST:

“Non hai ningún taller de gravado e estampación como os que imos presentar”, anuncia Laura. Este sábado, día 25, inauguran un Tórculo Ribes Cameron 40 de estampaxe profesional, único na comarca. Para celebralo haberá un acto ás seis e media da tarde, no Centro de Creación Artística  (Rúa Cruceiro, N.5 Baixo, Perlío). Farase unha exhibición de estampa en tote bags que se obsequiarán ao primeiras vinte persoas presentes e tamén estamparán un debuxo especial, cunha plancha deseñada para a ocasión por Laura Bouza, en camisetas ou outras prenda ou tecidos que leven as persoas que se acheguen ao acto.

Sociedade

Publica o teu comentario agora