Gravados de Eva Santín, Candiani e Lavera nas Pontes

Gravados de Eva Santín, Candiani e Lavera nas Pontes

27 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

O Mercado Vello de As Pontes acolle mañá mércores, 28 de abril, ás 13.00 horas, a inauguración da exposición correspondente á III edición do Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez. A mostra, integrada por un total de trinta obras de diferentes técnicas gráficas, seleccionadas por un prestixioso xurado entre as 219 presentadas ao certame, será inaugurada pola deputada provincial Montserrat Garc&

Na exposición poderán contemplarse  obras como Invisible Darkness, unha xilografía en papel Migieshi montado sobre papel Arte, a dúas tintas, da artista madrileña Eva Santín, que foi seleccionada por unanimidade do xurado como gañadora do certame; ou as obras galardoadas con senllos accésits no certame: Serie continentes. A hilandera, unha xilografía á auga con impresión dixital sobre filme de Alicia Candiani e Retrospectiva, un gravado en plástico a unha tinta de Alberto César Lavera, ambos os dous procedentes de Arxentina.

Ademais, na mostra poden contemplarse outros 27 gravados seleccionados para a mostra, dos artistas Ernesto Alva Franco, Javier Aranguren, Cristina Brea Lodeiro, Josefina Canle Rodríguez, Pablo Casado, Anas Castro Feijoo, Pablo Delfini Ana, Luís Filipe Folgado, Alberto Fojo Ferrer, Anne Heyvaert, Sonia Higuera, Gonzalo Sebastián Jorge, Ariel Kofman, Erramun Landa Mendibe, George Lebzelter, David Maes, Julia Matute, Juan Carlos Mestre, Beatriz Moreiro, Cristina Moroño, Susana Murias, Xosé Poldras, Eva Poyato, Pepa Satué, Israel Tamayo e Mauro Vallejo de Lucio.

Deles, Cristina Brea, Alberto Fojo, Anne Heyvaert e Xosé Poldras son galegos, mentres que os restantes 23 son doutras comunidades autónomas españolas, Arxentina, Austria, Cuba, Estados Unidos, México e Portugal.

Todas as obras seleccionadas se compendian ademais nun catálogo editado pola Deputación da Coruña que permite prolongar no tempo esta experiencia expositiva e levala a máis lugares da provincia.

Sociedade