ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maniños necesita este domingo “a graza dos heroes e a intelixencia dos sabios” que o escritor Vázquez Montalban entendia que lle concederan os deuses a Johan Cruyff. Disputa un partido crucial contra o Narón no campo do Pote. O título da Liga do grupo cuarto da Segunda Autonómica de fútbol está en xogo.
O Maniños espera unha entrada tremenda para o gran partido do fútbol modesto de Ferrolterra. Que gañe o mellor e que sexa o Maniños, afirma o directivo do club do Pote Alfredo Fernández.
A Liga está sendo moi larga para o Maniños. Leva desde decembro na primeira posición. Agora Maniños e Narón, primeiro e segundo, van disputar unha gran batalla táctica, física e mental. Loitan polo ascenso á Primeira Autonómica. Domingo, cinco e media da tarde. Campo do Pote de Maniños.