ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A guía cOmunicanDonoS preséntase este martes en Moeche. Están convocadas as asociacións do término municipal e de San Sadurniño e tamén as persoas interesadas na elaboración dun pódcast. Repartiranse exemplares da guía entre as asistentes. A cita é as sete da tarde no centro Francisco Piñeiro en Abade, Moeche.
Cómo se fai un pódcast (1)
1. CÁPSULA TESTEMUÑAL
Formato e obxetivo
O formato de audio testemuñal consiste en ceder o protagonismo da mensaxe á per soa que viviu unha situación determinada, que denuncia algún feito ou que forma parte da execución dunha acción de transformación social.
O obxectivo deste tipo de mensaxe máis personalizada é conseguir unha maior em patía e sensibilización por parte do oínte que, en moitas ocasións, sentirá moi iden tificado ou identificada coa voz que escoita.
Unha careta de entrada e saída indicando o nome do proxecto ou entidade á que pertence o podcast, a voz dun locutor ou locutora indicando quen ofrece o testemuño (ao principio ou ao final do mesmo) e a propia persoa que achega a súa experiencia son os principais elementos que compoñen este formato. Incluso a propia acode protagonista pode ser quen se presente a si mesma.
É recomendable a utilización de sintonias ou fondos musicais que acheguen certa atmosfera ao discurso.
Posibilidades de aplicación para comunicar sobre ODS
» Ofrecer reflexións acerca dos retos actuais
» Dar a coñecer ideas, posibilidades ou proxectos innovadores de transformación social
» Coñecer experiencias en primeira persoa
Aspecto sonoro
A maior forza sonora recae en quen ofrece o seu testemuño. É moi importante a en tonación e o ritmo da mensaxe, que debe ser relativamente curto para conseguir así manter a atención da audiencia. Ademais, incluirase unha sintonía que soará de fondo antes, despois ou durante a emisión da mensaxe, unha careta de entrada ao mesmo que servirá como introdución/presentación da materia ou temática a tratar e outra de saída que servirá como peche. A voz da apertura ou peche do podcast será en ton informativo mentres que as voces da careta poden ser doutras persoas para dotar dunha maior riqueza sonora ao noso podcast.
Duración recomendada
Trátase de pezas de curta duración, ao redor de 2 minutos. De forma máis específica, a canle en que se publique establecerá o límite máximo de duración, debido á súa inserción na programación dunha emisora de radio ou polos requisitos da rede social utilizada para difundila
Recursos e exemplos
A única torneira na canle de YouTube Radiofusión Emisoras e en ondaods.org
Mäis información na guia cOmunicanDonoS, editada polo proxecto Onda Ods das Emisoras Municipais de Andalucía, Emisoras Municipais Galegas, RTV Cardedeu, La Xarxa e a Red de Medios Comunitarios.
Publica o teu comentario agora