Guía para elaborar un pódcast

Guía para elaborar un pódcast
03 de Xuño, 2023 - 06:32 h. | Publicada por Radiofusión

Unha guía práctica para a elaboración de contidos audiovisuais e pódcast relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible presentouse no marco das xornadas "Onda ODS Empeza por ti" que se celebran esta fin de semana en Málaga, organizadas pola Rede de Medios Comunitarios.No acto participaron Guileaume Buteau (Emisoras Municipales de Andalucia) Paco Aguaza (REMC), Susana Falcón e Henrique Sanfiz (Radiofusión). 

Guía para elaborar un pódcast

A guía denominada cOmunicanDonoS pretende facilitar a elaboración e difusión de pódcast e pezas audiovisuais, ofrecendo unha variedade de formatos distintos, así como consellos e recursos para a elaboración de contidos de incidencia e sensibilización, especialmente orientados a comunicar sobre os ODS. Diríxese a persoas interesadas en comunicar con valores, convencidas da necesidade de cambiar o rumbo cara unha sociedade máis xusta e responsable fronte á emerxencia climática e as desigualdades. Afirman que é máis que nunca necesaria unha comunicación que abogue por unha verdadeira cultura de paz, unha comunicación de proximidade que facilite a criación de relatos e narrativas para un mundo respetuoso cos nosos entornos medioambientais, sociais e culturais, desde a cercania. Ademais de EMA, EMUGA e a REMC, tamén participaron na elaboración da publicación RTV Cardedeu e La Xarxa de Catalunya. A guía próximamente estará a disposición da cidadanía no portal http://www.sonandolocal.org Tamén se pode solicitar no enderezo electrónico direccion@radiofusion.eu

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora