Guadi Galego canta na súa terra

Guadi Galego canta na súa terra

25 de Marzo, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

A cantante Guadi Galego presenta na súa terra natal  o novo disco “Lúas de outubro e agosto”. A actuación terá lugar no Auditorio Municipal de Cedeira este sábado ás 20,30 horas, con entradas a cinco euros. “Lúas de outubro e agosto”, é o seu segundo traballo en solitario, do que vendeu máis de 3.000 copias no tramo final do pasado ano.

Guadi Galego foi voz principal e gaiteira do grupo Berrogüeto, e tamén formou parte como intérprete e compositora de proxectos colectivos como Nordestinas, Espido e aCadaCanto.

Preséntase agora cun sonido e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida, máis melódica pero, á vez, máis arriscada. “Lúas de outubro e agosto” contén cancións cun nexo común: “a natureza das composicións, a esencia do vivido e madurado, a emoción e a intensidade, a delicadeza e o risco”.

Sociedade