Guapo e moito máis

Mister Ferrolterra
20 de Novembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un mozo de Fene, Yago Rivera Soto, gañou o concurso de beleza RBN na comarca e o título de Simpatía provincial. O día 30 de novembro pode dar un paso máis, na gala na que se elixirá Míster Coruña. Falou en Radio Fene desta experiencia vital, para a que conta co apoio de familia e amigos, e do que leva aprendido nela.

 

ESCOITA O PODCAST:

Yago ten 20 anos, estuda dúas carreiras, Ciencias do Deporte e Psicoloxía e, ademais, quere ser Míster España. De momento ten o título de Míster Ferrolterra, tamén o da Simpatía e a final de mes aspira a ser elixido para representar á provincia da Coruña no gala española. Yago contounos esta mañá a súa experiencia no mundo das pasarelas e o certame de beleza e como a compatibiliza coa súa vida académica. Tamén de que lle sorprendeu “o traballo que ten detrás e a xente”.

“Temos unha imaxe dos modelos moi equivocada, detrás da beleza física hai que ter moitas outras cualidades, como os valores, rasgos de personalidade e a forma de tratar aos demais, como figura de influencia que es tes que intentar transmitir cousas positivas ao resto non o contrario”, destaca Yago.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora