A guerra acabou

A guerra acabou
27 de Maio, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Chegaron ao grupo por desesperación e agora non entenden a súa vida sen el. Isabel forma parte do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra despois de sufrir un accidente “levaba ao neno de catro anos no coche e invadín do carril contrario, dese accidente acórdome pouco, si sei que a taxa de alcoholemia era moi elevada”. Sergio chegou logo de moitos intentos de deixar de beber. “Despois dunha gran borracheira, por medo e cansado”

 

ESCOITA O PODCAST:

“Era vivir en guerra permanentemente, todos os días da túa vida, a día de hoxe non entendo a vida sen o grupo”, explica Isabel. “Encontrábame moi sola, o meu entorno era moi favorable e estable, pero non había nada que me fixera feliz, foi o que me fixo falta, esa labazada de realidade”, relata Isabel. Na última etapa, Sergio explica que a súa vida era como un bucle, “levantarse e volver beber”. Incapaz de romper ese bucle no que acudía ao alcohol para non pensar nas cousas que facía. “Saía para divertirme e era incapaz”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora