A guerra das mulleres, as revoltas da fame

A guerra das mulleres, as revoltas da fame

13 de Marzo, 2017 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A “guerra das mulleres” tivo lugar na estación de Barallobre o 13 de marzo de 1918. Foi unha das denominadas “revoltas da fame” orixinadas pola carestia dos alimentos e a escasez de produtos derivadas da Primeira Guerra Mundial. Arredor dun milleiro de mulleres de Barallobre e Maniños asaltaron o almacén da estación de Barallobre e pararon un tren de mercadorías que se dirixía a Ferrol cargado de fariña.

Entraron no almacén da estación e repartiron a fariña o dia 12. Segundo a prensa da época, as mulleres pararon o tren ao dia seguinte, abriron os furgóns e apoderaronse de sacos de fariña e embutidos.O xefe da estación ordeou a saida do comboio, en contra da pretensión das folguistas e tivo que escapar do lugar.

A comarca de Ferrol xa dependia daquela da construción naval. A crise no Arsenal provocaba altas taxas de desemprego na zona. Os prezos dos alimentos subian sen control e a escasez era cada vez maior. Ferrol era a cidade do estado onde máis caro se pagaba o pan. O 4 de marzo anunciase unha nova subida do prezo deste produto básico. A indignación exténdese por toda a comarca e comezan as manifestacións. O 11 de marzo morren dous nenos en Ferrol. O dia 13 en Sedes, Narón producense 6 mortos e 30 feridos pois as protestas son disoltas a tiros polas forzas de orde pública

Sociedade