ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha peixería de lixo sorprendeu esta mañá á veciñanza que pasou pola Praza Verde de Fene. Alumnado de 4º da ESO do IES de Fene ideou esta acción para concienciar á veciñanza sobre os problemas que ocasiona a contaminación mariña. Son os participantes do obradoiro de comunicación de guerrilla impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e o Concello de Fene e impartido pola Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social.
“Son eles os que idearon a acción, decidiron todo, a temática, a idea e a posta en marcha” destacou Rocío Cadahía, a monitora de AGARESO que impartiu o obradoiro, que tivo moi boa acollida entre o alumnado e o profesorado do IES de Fene. “Pensaban que unha forma de sensibilizar era a través do que mercan, que utilizar o peixe podía chamar a atención”. Así naceu a idea de escenificar a peixería de lixo que montaron en Fene. Noutros concellos galegos a mocidade tamén actuou como motor de sensibilización da comunidade. En Cabanas fixeron unha suposta cata de produtos do mar. En Rianxo recolleron cabichas do Mercado Central e en Ponteareas montaron un wc xigante que encheron con toalliñas que recolleron do río, explicou Rocío Cadahía.
Publica o teu comentario agora