ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, denuncia que coa votación hoxe no Congreso, absténdose no Decreto de Bancarización e Privatización das Caixas e non votando en contra, “o PP e o señor Feijoo quitaron por fin a carauta e demostran que nunca estiveron a favor da caixa galega”. Guillerme fixo estas declaracións en Lugo tras manter un encontro con axentes sociais e económicos para valorar a situación económica de Gal
Neste sentido, Guillerme denunciou que coa votación este mediodía no Congreso dos Deputados do decreto de privatización e bancarización das caixas de aforros, na que o PP se abstivo e non votou en contra, como si fixo o BNG, “o Partido Popular e o señor Feijoo sacan as carautas e demostran nunca estiveron a favor de defender a caixa galega”.
Ademais, lembrou que “esta posición do PP xa se reflectiu onte no Parlamento Galego ante unha moción do BNG en defensa da caixa, que o PP votou en contra, co cal estamos xa definitivamente ante a caída das carautas e o fin do paripé”.
“Faise evidente o que o BNG ven dicindo dende hai tempo: que o señor Feijoo negouse a liderar este país para dar a batalla política fronte ao intento de bancarización e privatización das caixas e hoxe por fin caen as carautas”, denunciou.
Por iso, para Guillerme ponse claramente de manifesto que “o señor Feijoo nunca tivo intención de dar a batalla, tirou a toalla antes de empezala e as consecuencias están á vista de todos”.
O portavoz nacional do BNG tamén lembrou hoxe a celebración do Día da Clase Obreira Galega Por último, o portavoz nacional do BNG quixo facer unha lembranza da celebración hoxe do Día da Clase Obreira Galega, “nun momento no que en Galiza aumenta o paro de forma galopante, con case 250.000 parados e paradas e cun goberno na Xunta que non fai nada e se limita a dicir que non ten competencias”