Guinea en branco e negro

Guinea en branco e negro
27 de Decembro, 2021 - 10:56 h. | Publicada por Radio Fene

Sesenta fotografías de ferroláns en Guinea Ecuatorial entre 1957 e 1965 forman o primeiro lote de imaxes cedidas para o grupo de fotografía histórica que este martes se constitúe en Fene. Guinea foi colonia española entre 1843 e 1968 e nese espazo de tempo foron numerosos os ferroláns, civís e militares, que se desprazaron a Fernando Poo (Bioko) ou Rio Muni (Rexión continental). De Ferrol, Maniños, O Seixo e Pontedeume acudiron a este país que na actualidade goberna o ditador Teodoro Obiang Nguema.

Cánovas del Castillo. Malabo. 1957

O grupo de persoas afeccionadas á fotografía formarase este martes dia 28 ás sete da tarde nunha reunión na terraza da cafetería do Círculo de Fene. A reunión é aberta a calquera persoas interesadas. Convoca Son Radiofusión.

Imaxe. A bordo do canoneiro “Cánovas del Castillo”. Santa Isabel (Malabo). 1957.

Sociedade

Publica o teu comentario agora